27 de maio de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA UNIVERSIDADE DE VIGO



Esta actividade está especialmente dirixida a familias e a estudantes de bacharelato ou de ciclos formativos de grao superior que desexen coñecer en primeira persoa as infraestruturas e a oferta académica da Universidade de Vigo. Nas xornadas de portas abertas poderás coñecer as principais características da UVigo, a súa oferta educativa e visitar todas as facultades, escolas e principais instalacións de cada un dos campus. Esperamos que, despois de visitarnos e coñecer máis de preto a Universidade de Vigo, sexa máis fácil tomar unha decisión tan importante coma elixir unha titulación na que poder desenvolver as túas capacidades e habilidades. 

As xornadas realizaranse en todos os centros dos tres campus, en horario de mañá, e non cómpre inscribirse. A programación coas actividades deseñadas en cada un dos campus, podedes consultalas AQUÍ.

Probas de clasificación da EOI, curso 2022-2023

A Escola Oficial de Idiomas convoca as probas de clasificación para o acceso a estudos oficiais de idiomas no curso 2022-2023. 


A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da Escola Oficial de Idiomas e xa ten coñecementos previos, de maneira que permite comezar os estudos por un curso superior ao primeiro en función do nivel de coñecementos que se obteña na proba. 

 Para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOI: 16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira ou 14 anos se é un idioma diferente.

As probas de clasificación non certifican un nivel de lingua, senón que unicamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial, e non outorgan automaticamente unha praza, o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición. 

INSCRICIÓNS

Dende o 06/06/2022 ata o 20/06/2022, enviando por correo-e a matricula@eoicoruna.org (poñer no asunto: proba de clasificación) a seguinte documentación: formulario de inscrición debidamente cumprimentado, copia do seu documento de identidade w resgardo do pago da taxa. Para a inscrición presencial na secretaría da EOI será necesario solicitar cita previa na web: www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna 


PREZO: Taxa de inscrición: 17 € por idioma
Idiomas:
Alemán 
Árabe 
Chinés 
Español para estranxeiros 
Francés 
Galego 
 Inglés 
Italiano 
Portugués 
Ruso 
Xaponés 

DATAS DAS PROBAS:

Dende o 27/06/2022 ata o 29/06/2022

*consultar datas e horario de cada idioma en www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna


18 de maio de 2022

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Convocadas xa as bolsas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo, para o curso 2022-2023. 

O prazo para entregar a solicitude e a documentación no centro educativo ata o 30 de setembro


Nesta infografía podedes ler toda a información.
Pasos a seguir:

10 de maio de 2022

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23

Publícase a Resolución do 27 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23. (DOG do 10 de maio). 

O prazo de inscrición para as persoas que se acollan a realizar as probas que substitúen os requisitos de titulación de graduado en ESO ou do título de bacharelato é o comprendido entre o día 11 de maio ata o día 14 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos. 

O prazo de inscrición para as persoas que só ten que realizar a proba específica (para ciclos formativos de grao medio e para ciclos formativos de grao superior) e para as persoas que solicitan acceso sen probas é dende o día 11 de maio de 2022 ata o día 21 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.

Non deixedes de ler esta Guía publicada pola Xunta de Galiza.


Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...