23 de mar. de 2021

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES "LA VOZ DE GALICIA"

O pasado domingo 21 de marzo, publicouse a nova Guía (actualizada) de Estudos Superiores de La Voz de Galicia. Nela, podedes consultar toda a información que precisades para tomar decisións tras o Bacharelato e/ou ciclos formativos de grao medio: graos universitarios, másteres, estudos propios das Universidades galegas, ciclos formativos de grao superior e todas as ensinanzas artísticas e especiais de nivel superior. Velaquí a tedes, clicando na imaxe.



Nestoutro enlace, podedes facer a búsqueda específica filtrando aquilo no que estades interesados.




15 de mar. de 2021

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Comezo do período de inscrición da convocatoria 2021

 Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

Podedes consultar a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Máis información:

9 de mar. de 2021

Probas de certificación das EOI para o curso 2020-2021

Publicouse a Circular 1/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 81/2018, do 19 de xullo. 
O prazo de matrícula nas probas estará aberto dende o 10 ao 26 de marzo
Máis información: 

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...