21 de set. de 2022

Talleres gratuítos para a mocidade en centros cívicos

O Concello da Coruña, desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, vai levar a cabo, desde os centros cívicos, varias actividades dirixidas á mocidade, co fin de promover o lecer positivo (actividades de creación de podcast, técnicas de supervivencia e orientación, técnicas de defensa persoal, monográfico de criptomoeda e trading -prevención e riscos-, xornadas multiaventuras e rutas ambientais e de orientación).

Estas actividades son de carácter gratuíto.

A inscrición será en liña, a través desta ligazón e finaliza o 28 de setembro.

admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a súa realización.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, pódese consultar nos centros cívicos se quedan prazas libres nas actividades que se realizan nas súas instalacións e, se a resposta fose afirmativa, pódese facer a inscrición nelas ata un día antes do comezo da actividade.





12 de set. de 2022

Convocatoria de Bolsa Fundación Amancio Ortega (1º BAC no Canadá)

Prazo de inscripción

12 de setembro a 11 de outubro de 2022

Na súa edición 2023-2024, o Programa convoca 400 novas bolsas para estudantes de 4º da ESO que desexen estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Delas, 70 bolsas están dirixidas a estudantes de centros de Galicia, e 330 a estudantes doutras comunidades e cidades autónomas de España.

A bolsa cobre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro e vivir unha experiencia única: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.

Nas Bases de participación atoparás toda a información da convocatoria, incluídos os requisitos e o proceso de selección. O Acordo de participación inclúe a normativa da bolsa, polo que só é aplicable aos estudantes seleccionados, pero recoméndase a súa lectura para obter máis información sobre o Programa.


O Manual de inscrición inclúe a información necesaria para cumprimentar correctamente o formulario de inscrición. Por último, o Calendario da convocatoria contén todas as datas de interese durante o proceso de selección.

Máis información clicando na imaxe:



7 de set. de 2022

Período extraordinario para prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23

 Prazo de presentación de solicitudes: 6-14 de setembro de 2022 (ambos incluídos)

Os CRD teñen como destinatarios ao alumnado de ensino non universitario postobrigatorio, que non dispoña na súa localidade de residencia de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas...) e se matricule nas contornas de cada un dos centros, para continuar os seus estudos. Os centros galegos son os de A Coruña, Ourense e Vigo.

Os estudantes teñen a posibilidade de pedir praza nesta residencia non universitaria onde ademais de manutención e aloxamento.

Podedes consultar a información do da Coruña, na web: https://crdcoruna.gal/ 

O Centro dispón de 340 prazas, 10 delas están habilitadas para o alumnado con discapacidade auditiva e conta tamén con 4 prazas para alumnado con disfuncionalidade motora.

O centro dispón de diferentes servizos (Biblioteca Escolar, salas de lectura e estudo, aulas de informática, ximnasio, comedor, ... 

Máis información na web: https:/crdcoruna.es

Tfno. 981667836/981667831

Admisión FP. Ciclos formativos de grao básico con prazas dispoñibles

 Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 7 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

2 de set. de 2022

Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

Publicouse a Circular 3/2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2022/23.

Prazo de matrícula: do 6 de setembro ao 31 de outubro de 2022

Máis información: Circular 3/2022

Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

 Xov, 01/09/2022 - 15:18

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula estará aberto desde o día 2 de setembro ás 9:00 horas ata o día 23 de setembro ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 3ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2022-2023

 Publicación das listaxes da 3ª adxudicación ordinaria de ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas, en modalidade presencial e modalidade a distancia.

O prazo de matrícula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do martes 6 de setembro de 2022.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...