21 de set. de 2022

Talleres gratuítos para a mocidade en centros cívicos

O Concello da Coruña, desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, vai levar a cabo, desde os centros cívicos, varias actividades dirixidas á mocidade, co fin de promover o lecer positivo (actividades de creación de podcast, técnicas de supervivencia e orientación, técnicas de defensa persoal, monográfico de criptomoeda e trading -prevención e riscos-, xornadas multiaventuras e rutas ambientais e de orientación).

Estas actividades son de carácter gratuíto.

A inscrición será en liña, a través desta ligazón e finaliza o 28 de setembro.

A admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a súa realización.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, pódese consultar nos centros cívicos se quedan prazas libres nas actividades que se realizan nas súas instalacións e, se a resposta fose afirmativa, pódese facer a inscrición nelas ata un día antes do comezo da actividade.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2027-2028

O Concello da Coruña convoca bolsas para que alumnado de 4º da ESO poida cursar 1º de Bacharelato en Canadá durante o curso 2027/28. Prazo d...