A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2026/2027.
Estas ensinanzas están dirixidas a alumnado interesado nos ámbitos do deseño gráfico, produto, interiores, moda ou xoiaría, entre outros sectores vinculados á creación visual, artística e tecnolóxica.
Prazo de inscrición e datas clave
Calendario do proceso
9 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas inscritas.
10 e 11 de xuño: prazo de reclamacións.
15 de xuño: publicación da listaxe definitiva de persoas inscritas.
Publicación de cualificacións
23 de xuño: publicación das cualificacións provisionais.
25 e 26 de xuño: reclamacións nas secretarías das EASD correspondentes.
30 de xuño: publicación das cualificacións definitivas.
Taxa de inscrición
Requisitos de acceso
Para acceder será necesario:
Estar en posesión do título de Bacharelato, título universitario, ensinanzas artísticas superiores, título de técnica/o superior ou equivalente.
Tamén poderá acceder quen superase a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
O alumnado con materias pendentes de Bacharelato poderá realizar igualmente a proba específica e participar no proceso de admisión.
Ademais, será necesario:
Acceso directo
Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica, as persoas que posúan un título de técnica/o superior de Artes Plásticas e Deseño.
Como realizar a inscrición
Recoméndase consultar previamente a guía oficial do procedemento de acceso e admisión.
A solicitude cubrirase telematicamente mediante a aplicación informática «EAS»:
Aplicación EAS – Ensinanzas Artísticas Superiores
A documentación necesaria incorporarase electronicamente durante o proceso de inscrición.
Unha vez finalizada e asinada a solicitude:
Considérase centro de inscrición aquel que figure como primeira opción de preferencia na solicitude.
As persoas que non dispoñan de DNI ou NIE poderán realizar a inscrición directamente nas secretarías dos centros.
Estrutura da proba específica
A proba constará de dúas partes.
Primeira parte: comentario crítico
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe ou material audiovisual, as persoas aspirantes deberán:
Valorarase especialmente:
A comprensión de conceptos.
A capacidade de análise e síntese.
A expresión escrita.
A capacidade argumentativa.
O coñecemento do deseño no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
Segunda parte: exercicios de debuxo
Durante un máximo de catro horas realizaranse dous exercicios:
Debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir de documentación facilitada.
Debuxo técnico e representativo utilizando os sistemas e técnicas indicados polo tribunal.
Valorarase:
A fidelidade representativa.
Os coñecementos técnicos.
A exactitude e limpeza da execución.
Cualificación final
A cualificación expresarase nunha escala de 0 a 10, con dous decimais.
A nota final obterase mediante a media aritmética das dúas partes da proba.
Considerarase superada cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Datas e horarios da proba
As probas realizaranse o 17 de xuño de 2026 nas catro Escolas de Arte e Superiores de Deseño (EASD) de Galicia.
Horarios
Será necesario levar:
Itinerario de Xoiaría e Complementos
O alumnado que queira optar ao itinerario de Xoiaría e Complementos da especialidade de Produto deberá superar ademais unha entrevista específica.
A información sobre lugar, data e hora publicarase nos taboleiros e medios telemáticos habilitados polos centros.
Centros e contacto
Na provincia da Coruña, a oferta pode consultarse na EASD Pablo Picasso.
Información de contacto:
EASD Pablo Picasso
Convocatoria publicada no DOG do 27 de abril de 2026.