Prazos e proceso de admisión nos ciclos de FP Básica Ordinaria para o curso 2026/2027.
O centro de orixe (onde estén escolarizado) encargarase do alumnado de 2º de ESO proposto para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico e autorizado pola inspección educativa (ningunha persoa que estea cursando 2º de ESO pode solicitar por iniciativa propia a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico).
O alumnado procedente de 3º ou de 4º de ESO que desexe solicitar por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, deberá facer a solicitude no seu centro de orixe, no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude.
O alumnado que non estea escolarizado no sistema educativo e desexe incorporarse a un ciclo formativo de grao básico deberá facer a solicitude no centro no que se oferta o ciclo do seu interese no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude. Se a persoa solicitante é menor de idade, a solicitude deberá asinarse polo pai, a nai ou persoas titoras.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de xuño ao 30 de xullo de 2026 (até as 13.00h).
* O alumnado que estea escolarizado en 2º, 3º ou 4º da ESO presentará a solicitude do 22 de xuño ás 9:00 horas até o 30 de xuño ás 13:00h.
- 3 de xullo: resolución provisional de solicitudes.
- Do 3 ao 7 de xullo (até as 13:00h): reclamación contra a resolución provisional de solicitudes.
- 10 de xullo: resolución definitiva de solicitudes.
- 10 de xullo: 1ª adxudicación e adxudicación continuada (chamamento).
- 10 de xullo ao 31 de xullo (até as 13:00h): matriculación.
CONSULTA DE INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:
A consulta de toda a información do proceso poderá facerse na páxina web www.edu.xunta.gal/fp, no centro de orixe ou naquel no que se teña adxudicada a praza. A aplicación Ciclosadmisión permitirá a consulta individualizada de información durante todo o proceso e especialmente durante os períodos correspondentes ás resolucións de solicitudes admitidas e excluídas, e de adxudicación. Para a consulta da situación individual poderase usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 ou certificado dixital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.