No vindeiro curso 2026-2027 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional en Galicia. Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:
Instrucións xerais de admisión a cursos de especialización
Requisitos
- Para poder solicitar un curso de especialización a persoa solicitante terá que estar en posesión da titulación de grao medio ou de grao superior de formación profesional establecida no real decreto (RD) polo que se regula cada curso.
- As persoas que non teñan os requisitos de titulación indicados no parágrafo anterior poderán solicitar matrícula en prazas liberadas como se indica no apartado 17 do documento de Instrucións.
- Acceso de persoas con titulación estranxeira: debido ás especiais características destas ensinanzas, para xustificar os requisitos de acceso só será válida a credencial definitiva de homologación.
Oferta de cursos de especialización, curso 2026/2027: www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp
- Presentación de solicitudes: 15 de xuño ás 9:00 horas ao 30 de xuño ás 13:00 horas
- Resolución provisional de solicitudes: 3 de xullo
- Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: 3 de xullo ás 9:00 horas ao 7 de xullo ás 13:00 horas
- Resolución definitiva de solicitudes: 10 de xullo
- Resolución definitiva de solicitudes e 1ª adxudicación: 10 de xullo
- Matriculación 1ª adxudicación: 10 de xullo ás 9:00 horas ao 15 de xullo ás 13:00 horas
- Adxudicación continuada (chamamento):
- 15 de xullo ás 9:00 horas ao 31 de xullo ás 13.00 horas
- 1 de setembro ás 9:00 horas ao 25 de setembro ás 13:00 horas
Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a 4 cursos de especialización como máximo, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp .A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de cursos de especialización sostida co fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.
Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas resolución provisional e definitiva de solicitudes, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.
As prazas adxudicadas publícanse na adxudicación de prazas. As persoas con praza adxudicada poden:
- O día 10 de xullo publicarase a relación de persoas admitidas e en espera en cada curso de especialización. As persoas admitidas deberanse matricular ou renunciar no prazo abranguido desde o día 10 ás 9:00 horas ata o día 15 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo perderán os dereitos sobre a matrícula das prazas adxudicadas.
- No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule e nese curso de especialización haxa listaxe de espera, o centro procederá a chamar as persoas que se atopen na listaxe de espera polo proceso de adxudicación continuada.
PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual intensiva.Serán excluídas dos procesos de admisión a cursos de especialización as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
- Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
- - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
- - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.