17 de xuño de 2026

Admisión Formación Profesional Dual intensiva, curso 2026/2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica a o proceso de admisión para o vindeiro curso 2026/2027 do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional dual intensiva.


FP Dual Intensiva: estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:


REQUISITOS DE ACCESO:
  • Ter 18 anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo). Non hai límite superior de idade.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe (actualmente contrato de formación en alternancia establecido no Real decreto lei 32/2021), e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • O alumnado que teña 16 anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, logo de rematado o período ordinario de matriculación no proceso de admisión a estas ensinanzas, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista listaxe de espera.

Oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual intensiva para o curso 2026-2027: 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.

Toda a información do proceso de admisión a FP dual intensiva estará dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/ fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.

DOCUMENTACIÓN. 

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
  • DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
  • No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.europa.eu/es/create-europass-cv
​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
  • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual intensiva tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de formación profesional.
  • Serán excluídas dos procesos de admisión a FP dual intensiva as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
  •  Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
    • - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva ou en Formación acelerada.
    • - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
  • As persoas non admitidas en ningún proxecto de FP dual intensiva continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.

Calendario de admisión:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 15 xuño ás 9:00 ao 30 xuño ás 13:00h.
  • Resolución provisional de solicitudes: 2 de xullo.
  • Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: do 2 xullo ás 9:00 ao 6 xullo ás 13:00h.
  • Resolución definitiva de solicitudes: 9 de xullo.
  • Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora: do 2 ao 8 xullo ás 12:00h.
  • Resolución das prazas adxudicadas e en espera: 9 de xullo.
  • Período de matrícula para as persoas admitidas: do 9 xullo ás 9:00 ao 15 xullo ás 13:00h.
  • Adxudicación continuada: do 20 de xullo ao 31 de xullo ás 13.00h / Do 1 ao 25 de setembro ás 13.00h.
Fonte: Información xuvenil do Concello de A Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027

Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio...