1 de maio de 2024

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia.

INSCRICIÓNS:

Dende o 29/04/2024 ata o 28/05/2024

REQUISITOS:

Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria.

Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

REMUNERACIÓN / CUSTO:

1.000 euros por premio e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

CONTACTO:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 527 - 881 996 509 -  881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

Dúbidas ou dificultades técnicas: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 26/04/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311A

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.



INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola.

PREZO:

64€


REQUISITOS:

Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica.

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/a aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o cal son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

►Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba: proba subtitutiva do requisito de titulación.

 

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO AS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades.

Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e darán comezo o día 8 de xullo de 2024, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal. * Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

 WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

Tel.: 986 246 399 / 619 910 967

esad.galicia@edu.xunta.gal

www.esadgalicia.com  

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.

c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.


Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis


PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

Terá como finalidade valorar a madureza,  os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra

Tel.: 886 159 735

e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal 

https://escolaconservacion.gal

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2024-2025

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

Ata o 21/05/2024

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/, con certificado dixital ou Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

Na solicitude deberanse indicar a especialidade e itinerario a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría do conservatorio sinalado na súa inscrición como primeira opción para cursar estudos.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación das correspondentes probas específicas de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba específica de acceso e que, sendo maiores de 16 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.


 PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compotela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO:

DATAS E LUGARES DE REALIZACIÓN:

As probas específicas de acceso a cada especialidade e itinerario comezarán a partir do día 10 de xuño.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música da Coruña, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Composición.

Especialidade de Dirección.

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Acordeón, Arpa, Corda frotada, Jazz, Piano e Vento metal.

Especialidade de Pedagoxía, no itinerario de Pedagoxía xeral e da linguaxe musical.

Realizaranse no Conservatorio Superior de Música de Vigo, as probas específicas para as seguintes especialidades e itinerarios:

Especialidade de Interpretación, nos seguintes itinerarios: Canto, Guitarra, Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia, Música antiga, Percusión e Vento madeira.

Especialidade de Musicoloxía, nos seguintes itinerarios: Etnomusicoloxía e Musicoloxía histórica.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Conservatorio Superior de Música da Coruña

R/ Manuel Murguía, 44. 15011 - A Coruña

Tel.: 981 141 295    

E-correo: cmus.coruna@edu.xunta.gal

www.csmcoruna.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

  • 1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
  • 2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO:

Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 

Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.

ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:

Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Na Coruña:    EASD Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña 

Tel.: 981 225 396             escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 25/04/2024

27 de abr. de 2024

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024-2025

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio, curso 2024/25.


INSCRICIÓN

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (ESO): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.

Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

LUGAR E DATAS DAS PROBAS

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribiran.

DATAS:

* Proba substitutiva do requisito da titulación de ESO: 19 de xuño de 2024.

1ª parte: 10.00-13.00h.                       2ª parte: 16.00-17.00h.

Cualificacións provisorias: 25 de xuño.

Reclamacións: 26 e 27 de xuño.

Cualificacións definitivas: 1 de xullo.

* Proba específica: 3 de xullo de 2024.

1º exercicio: 10.00-11.00h.                2º exercicio: 12.00-14.00h.                3º exercicio: 17.00-19.00h.

Cualificacións provisionais: 8 de xullo.

Reclamacións: 9 e 10 de xullo.

Cualficacións definitvas: 12 de xullo.

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2024-2025

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ciclos formativos de grao superior, para o curso 2024/25.

INSCRIPCIÓNS

Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): do 23 de abril ao 10 de xuño de 2024.
 
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: do 23 de abril ao 21 de xuño de 2024.

Con carácter xeral, todas as solicitudes se cubrirán de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro. As persoas solicitantes que non dispoñan de posibilidade telemática de presentación deberán realizar a inscrición na Secretaría da escola de arte e superior de deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. A documentación entregarase na secretaría da escola para acreditar os datos consignados na solicitude. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

As probas de acceso ás ensinanzas de grao superior realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen as persoas aspirantes.

* Proba de substitutiva do Bacharelato: 19 de xuño de 2024. 1ª parte de 10:00-13:00h. 2ª parte de 16:00-17.00h.

Cualificacións provisorias: 25 de xuño.
Reclamacións: 26 e 27 de xuño.
Cualificacións definitivas: 1 de xullo.
* Proba específica: 3 de xullo de 2024. 1º exercicio de 10:00-11:00h. 2º exercicio de 12:00-14:00h. 3º exercicio de 17:00-19:00h.

Cualificacións provisorias: 8 de xullo.
Reclamacións 9 e 10 de xullo.
Cualificacións definitivas: 12 de xullo.


22 de abr. de 2024

CONVOCADAS BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE ASOCIADAS A DISCAPACIDADE, TRASTORNO GRAVE DA CONDUTA OU DA COMUNICACIÓN/LINGUAXE, TRASTORNO ESPECTRO AUTISTA E ALTAS CAPACIDADES

O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

a) Axudas directas para o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastorno espectro autista.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, e trastorno espectro autista.  

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe,  trastorno espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Compoñentes das axudas e contías:
  • Ensinanza: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbán: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnado interno en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbán: ata 308,00 euros
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: demde105,00 ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros..
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024 inclusive.

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Xunta de Galicia pon á disposición dos mozos e mozas galegos un total de 36 instalacións xuvenís en Galicia -3 delas novas neste 2024- durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre. 

Así mesmo, e dentro dos programas de intercambios bilaterais, tamén se ofrece a posibilidade de que a xuventude galega coñeza a realidade social e cultural doutras comunidades autónomas. Este ano mantemos os intercambios con Álava-Araba, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Castela- A Mancha, Madrid e Cantabria. 

REQUISITOS DE IDADE

  • As persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos no momento do inicio do campamento. 
  • As persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

SOLICITUDE

A solicitude pode ser individual ou múltiple (para o suposto de dous/dúas ou máis irmáns/ás)As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

Clica na imaxe para saber máis.



QUE INCLÚE O CAMPAMENTO? 

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza. 
  • O aloxamento nun albergue xuvenil, nunha residencia, nun campamento xuvenil ou similar. 
  • A manutención en réxime de pensión completa. 
  • O material necesario para a actividade xuvenil. 
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, para o caso das persoas con discapacidade  que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas. 
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • No caso dos intercambios con outras comunidades autónomas: o transporte desde Santiago de Compostela que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.  

EQUIPAMENTO PERSOAL NECESARIO 

As persoas mozas que participen nestas actividades deberán levar útiles de aseo persoal, roupa axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, toalla, gorro de piscina, protector solar), calzado deportivo e aquel outro equipamento que se indique nas cartas informativas de cada campamento. As cartas informativas de cada campamento estarán dispoñibles na páxina web: xuventude.xunta.es despois do sorteo.

17 de abr. de 2024

Probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC

 A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2024-2025.

Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es

 
INSCRICIÓNS:
Para a 1ª oportunidade: ata o 12 de marzo 
Para a 2ª oportunidade: do 25 de abril ao 28 de maio
As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física,  adxuntando a documentación indicada nas bases da convocatoria.

PREZO:
O importe dos dereitos de exame é 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.

REQUISITOS:
Poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea cursando o Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior, ademais das personas que reúnan os requisitos de acceso á universidade previstos no artigo 3 do RD 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao.
As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.
Os aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias do cursos académicos 2025/2026 e 2026/2027, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á Universidade.

MÁIS INFO: 
PÁXINA WEB:
https://probasinefgalicia.udc.es

CONTACTO:
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da  UDC

Avenida Ernesto Che Guevara, 121 (15179 - Oleiros)

tel.: 881 014 046

correo-e: administracion.inef@udc.es

https://inefg.udc.es

 



Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024. 


As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

OFERTA DE PRAZAS

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.

Ciclo superior de Dietética.

Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.


INSCRICIÓNS:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024 ata as 13:00 h.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)


Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio

Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.

Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.

Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.

Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.


REQUISITOS:

Cumprir os requisitos de acceso establecidos, e ademais:

- Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

- Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

- Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

NO CASO DE HABER VACANTES

  • Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

        - sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

        - ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

  • Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
  • Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.


MÁIS INFO:

www.edu.xunta.es/fp

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. de Monelos, 9º andar. Rúa Vicente Ferrer, 2 (15008 - A Coruña) 

Tel. 981 184 701

MÁIS INFORMACIÓN: nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE)


14 de abr. de 2024

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2024-2025

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional para o curso 2024-2025.


INSCRICIÓNS:

Grao Elemental: do 18/04/2024 ao 14/05/2024

Grao Profesional: do 17/04/2024 ao 10/05/2024

PREZO:

- Proba de acceso a grao elemental: de balde

- Proba de acceso a grao profesional: 34 €


REQUISITOS:

a) Para o acceso ao 1º de grao Elemental:

- a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos

- superar a proba específica de acceso

b) Para o acceso ao 1º de grao Profesional: 

- superar a proba específica de acceso.

PÁXINA WEB:

www.cmusprofesionalcoruna.es

CONTACTO:

Conservatorio Profesional de Música da Coruña  

Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Tel.: 981 276 800 

correo-e: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es


CALENDARIO DE INTERESE:

Acceso a 1º curso do Grao Elemental, curso 2024/25:

  • 17 de abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 18 abril ao 14 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es
  • 16 de maio: publicación dos listados provisionais de admitidos/as
  • 20 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas
  • 21 de maio: modificación da especialidade da inscrición
  • 24 de maio: publicación definitiva de admitidos por especialidade, datas e horarios das probas de acceso
  • Do 5 ao 7 de xuño: probas de acceso
  • 10 de xuño: publicación adxudicación de prazas e lista de espera
  • do 11 ao 17 de xuño: prazo de reclamación
  • do 17 ao 19 de xuño: prazo de matrícula 

Acceso a 1º curso de Grao Profesional, curso 2024/25:

  • 16 abril: publicación das prazas ofertadas
  • Do 17 abril ao 10 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/
  • 14 de maio: publicación listas de admitidos e excluídos.
  • 20 de maio: publicación datas e horarios das probas
  • Do 10 ao 12 de xuño: probas de acceso
  • 13 de xuño: ublicación admitidos e lista de espera
  • Do 14 ao 20 de xuño: prazo de reclamacións
  • 20 e 21 de xuño: prazo de matrícula 


Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta actividades de verán específicas para persoas con discapacidade. No ano 2024 serán 250 prazas nun total de 14 quendas en tres instalacións diferentes: Albergue Xuvenil de Gandarío e Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño.

Clica na imaxe para acceder ao folleto informativo.



Os campamentos permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro. Contan con aloxamento, manutención, un programa de actividades de animación sociocultural, material necesario para as actividades, equipo técnico de persoal especializado e atención sanitaria.

Idades, datas e instalación: 

De 11 a 14 anos: 

Do 13 ao 22 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza" 

Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"

De 15 a 18 anos:

Do 22 ao 31 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"

Do 3 ao 12 de setembro. Panxón "Natureza xunto ao mar"

De 19 a 25 anos:

Do 2 ao 11 de xullo. Panxón "Natureza xunto ao mar"

Do 13 ao 22 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza"

Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"

Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío "Natureza xunto ao mar"

De 26 a 50 anos:

Do 2 ao 11 de xullo. Panxón "Natureza xunto ao mar

Do 2 ao 11 de xullo. Carballiño "Aventura na natureza"

Do 8 ao 17 de agosto. Gandarío "Natureza xunto ao mar"

Do 3 ao 12 de setembro. Panxón "Natureza xunto ao mar"

Do 3 ao 12 de setembro. Carballiño "Aventura na natureza"

Do 5 ao 14 de setembro. Gandarío "Natureza xunto ao mar


INSCRICIÓNS:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

PREZO:

125 euros. Descontos: 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa e familias que teñan o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, e 25% para as persoas usuarias do Carné xove.

REQUISITOS:

Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos.

Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.

Estar empadroados nalgún concello de Galicia.

Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.

Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver e unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.

PÁXINA WEB:

http://politicasocial.xunta.gal

CONTACTO:

Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade 

Teléfonos: 981 547 399 e 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña. Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR004A


CAMPOS DE VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia oferta no verán 2024 un total de 695 prazas en 44 campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego, Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

Clica na imaxe para acceder ao díptico informativo.


Os campos de voluntariado son actividades organizadas por entidades e concellos, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiental, social, arqueolóxica, etnográfica, patrimonial, cultural...).  

 INSCRICIÓNS

1ª CONVOCATORIA - Prazo de solicitude do 17 ao 30 de abril. A apertura do formulario será ás 9:00 horas. Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes. Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coa documentación que debe cubrir xunto coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación. O prazo para presentar esta documentación é de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.

2ª CONVOCATORIA - Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. O día e hora de apertura deste novo prazo será comunicado na propia web. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo. 

DURACIÓN DOS CAMPAMENTOS:

Entre 10 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro de 2024.

PREZO:

110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos establecidos: Carné xove, Familia numerosa, Familia monoparental, Familia acolledora).

A cota inclúe: os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das propias actividades dos campos, e un seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade, que correrán a cargo da persoa voluntaria. 


REQUISITOS:

Persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.

A solicitude presentarase en liña, no enlace dispoñible na páxina web de Xuventude habilitado o día de apertura do prazo.

Cada persoa solicitante elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, por orde de prioridade. Na solicitude deberá identificar o campo de voluntariado que solicita co seu código.

As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presentan, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

PÁXINA WEB:

www.xuventude.xunta.es

CONTACTO:

Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 957 115 - 881 999 314

Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

7 de abr. de 2024

Inmersión lingüística en inglés para 6º primaria e 2º ESO

O Ministerio de Educación convoca 216 axudas (108 axudas para grupos de alumnos/as de 6º de Educación Primaria e 108 axudas para grupos de alumnos/as de 2º de ESO) para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa durante o curso 2024/2025, realizado en dous períodos diferenciados no outono de 2024 e primavera de 2025.


Ditas axudas cubrirán todos os gastos relacionados coa actividade desenvolvida no centro de inmersión sen incluír os gastos derivados do transporte, tanto de ida entre o centro educativo e as instalacións onde se realizará a inmersión como do seu regreso.

Prazo até o 26 de abril de 2024

Máis información no BOE do 3 de abril de 2024

24 de mar. de 2024

Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Están dirixidas a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexen coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

As datas das ditas Xornadas son o 15, 16 17 e 22 de abril de 2024.

  • O 15 de abril: presentación dos Estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • Do 15, 16, 17 e 22 de abril: visitas aos centros públicos de FP da cidade e a EASD Pablo Picasso para coñecer a súa oferta de ciclos formativos.
  • O luns 22 de abril: presentación dos ciclos de FP Básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1)

Organízanse como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

O alumnado asistente recibirá a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego.



Acceso ás Xornadas

O prazo de inscrición  será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.

A solicitude en liña farána directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición (no QR dos carteis que temos colgados no centro, ou https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoup-2024/contenido/1453839255943), indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os datos persoais. 

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario. O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOAP. A organización pode solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.



As sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no noso canal de youtube: 

https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4 

20 de mar. de 2024

Bolsas de estudos para o curso próximo, válidas para ensinos postobrigatorios

O Ministerio de Educación convoca as bolsas de estudos para o curso próximo, válidas para ensinos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional.


Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas dos seguintes ensinos:

1. Ensinos postobligatorios e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Ensinos artísticos superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.
i) Ciclos Formativos de Grao Básico.

2. Ensinos universitarios do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:

a) Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da defensa e da garda civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Podes consultar os sompoñentes das bolsas e contías das non universitarias aquí e das universitarias aquí.


prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 19 de marzo ata o 10 de maio, ás 15:00 horas

Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, ou non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

Podedes facer as vosas solicitudes neste enlace 


VÍDEOS EXPLICATIVOS:




PÁXINA WEB:
www.becaseducacion.gob.es

CONTACTO:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Teléfono Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937 / 060

Unidades de bolsas

Publicación:

BOE 28/02/2024 Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 08/03/2024 Correción de erros do Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 15/03/2024 Extracto da Resolución de 13 de marzo de 2024 da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 749075 (convocatoria)

2 de mar. de 2024

PROBAS DE ACCESO A INEF

Convocadas as Probas Específicas de Admisión no Grao De Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Podes ver aquí as bases da convocatoria.

Na web da facultade, podes ver videos das probas


PRAZO DE MATRÍCULA: 
19/02/24 a 12/03/24.

Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá encherse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición. 


Se xa te matriculaches noutros anos, pulsa aquí.

25 de feb. de 2024

Idiomas do mundo 2024

O programa Idiomas do Mundo oferta 30 prazas para estadías dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.. Dirixido ao alumnado empadroado na Coruña que curse 1.º de BACH no curso 2023-24.


O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.

As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, que están en elaboración.

Requisitos: 
  • Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña no momento da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2023-2024.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 7 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
  • Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito, que inclúe non ter débedas co Concello da Coruña, será comprobado só no caso de resultar seleccionado, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 5 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 70% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 4 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 30% do prezo da praza.
INSCRICIÓNS:

Desde o 23 de febreiro ata o 7 de marzo a través da ficha específica de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/
O prazo de inscrición será de dez días hábiles, desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que está establecida nas bases.
CONTACTO:
Servizo Municipal de Educación
T: 981 184 200 ext 10911

21 de feb. de 2024

PRIMAVERA XOVE 2024

 


Primavera Xove 2024

A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros.

O programa inclúe 

  • Aloxamento en albergue xuvenil. A asignación de cuartos será de libre disposición.
  • Manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos, no caso das fins de semana. No caso das quendas de Semana Santa: desde a cea do venres 22 ata o almorzo do martes 26, e desde a cea do mércores 27 ata o almorzo do domingo 31. »
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas). 
  • O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible na web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Formulario de 14 a 17 anos

Formulario de 18 a 30 anos

Consulta aquí a toda a información do programa



14 de feb. de 2024

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2024/2025

Comezo do proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. 

A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

PRAZO ORDINARIO DE ADMISIÓN:
Dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024

CALENDARIO 
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manualou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.

  • Resumo do proceso de admisión do alumnado en centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria sostidos con fondos públicos, elaborado polo Concello da Coruña.
  • Mapas das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería). 
  • Instrucións xerais Consellería.
  • www.coruna.gal/educacion
  • MÁIS INFO:
    PÁXINA WEB:
    CONTACTO:
    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
    Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña
    tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778
    - Nos propios IES e CEIP

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...