1 de maio de 2024

Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.

INSCRICIÓNS:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

a) Estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica de acceso.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán realizar a proba substitutiva de titulación.

c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.


Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025. Clica na imaxe para saber máis


PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. 

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO

Terá como finalidade valorar a madureza,  os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.


PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra

Tel.: 886 159 735

e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal 

https://escolaconservacion.gal

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...