1 de maio de 2024

Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2024-2025

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2024/25. Clica na imaxe para saber máis.


INSCRICIÓNS:

  • 1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.
  • 2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

PREZO:

64€

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO:

Poderán acceder directamente a estes estudos as persoas que estan en posesión dalgún dos títulos de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. Deberán formalizar igualmente a súa inscrición. No caso de que de estar pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, poderá igualmente formalizar a súa inscrición, e deberá presentar a certificación de ter solicitado o título para formalizar a matrícula. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 20%.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 

Para o acceso aos estudos superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, e superar a correspondente proba específica, na cal se valorará a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade é do 80%.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse na proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación de prazas unha vez estean en posesión da títulación.

ACCESO MEDIANTE PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN + PROBA ESPECÍFICA:

Poderán acceder á proba substitutiva de titulación as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran os 18 anos no 2024. As persoas que superen esta 1ª proba deberán superar tamén a proba específica.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal

CONTACTO:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

Na Coruña:    EASD Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña 

Tel.: 981 225 396             escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es

www.eapicasso.com

Publicación: DOG 25/04/2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...