Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior, oferta ordinaria e oferta modular.
- Presentación de solicitudes do 15 de xuño até o 30 de xuño ás 13 h.
- Resolución provisional de solicitudes 3 de xullo.
- Reclamación contra a resolución provisional do 3 ao 7 de xullo ás 13:00h.
- Resolución definitiva de solicitudes 10 de xullo.
- 1ª adxudicación 10 de xullo.
- Matrícula ou renuncia do 10 ao 15 de xullo ás 13:00h.
- 2ª adxudicación 20 de xullo.
- Matrícula ou renuncia do 20 ao 23 de xullo ás 13:00h.
- 3ª adxudicación 27 de xullo.
- Matrícula ou renuncia do 27 ao 29 de xullo ás 13 h.
- Adxudicación continuada (chamamento): do 1 ao 25 de setembro ás 13 h.
- Presentación de solicitudes (sempre que existan prazas disipoñibles) do 8 ao 11 de setembro ás 13:00h.
- Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa: do 15 ao 18 setembro ás 13:00h.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
- 1º paso. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos. Guía rápida solicitudes ( ver vídeo)
- Información para persoas con titulacións obtidas fóra do estado español.
- 2ºpaso. Consultar a resolución provisional de solicitudes.
- 3º paso. Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional. No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación.
- 4º paso. Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
- 5º paso. Consultar a adxudicación de prazas. No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria.
- Clasificada por provincia e concello.
- Clasificada por familia profesional.
- Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada grao (unha para CM e outra para CS).En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
- Adxudicación de praza: As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden: matricularse ou renunciar. Matricularte: pode facerse a través de 2 vías:Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que atoparás no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de admisión coa que se obtivo a praza adxudicada. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitarache a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.
- Entrega no centro en que fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado.
- Renunciar á praza: poderás renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade. Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberase entregar no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que che fose adxudicada a praza á que vas renunciar.
- Renunciar á adxudicación dunha praza da oferta ordinaria é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada.
- Non matricularse nin renunciar: as persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas
- clasificada por provincia e concello.
- clasificada por familia profesional.
- clasificada por provincia e concello.
- clasificada por familia profesional.
- Presentación de solicitudes: deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao (medio ou superior) e para cada modalidade (presencial ou semipresencial e a distancia) no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo con até 10 módulos cada unha. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
- Itinerarios formativos recomendados. No enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp/itinerarios-adultos pódese consultar información sobre os itinerarios formativos recomendados e a orde en que é preferible cursar os módulos na oferta modular.
- Nas datas establecidas, poderase consultar a situación individual das resolucións provisionais e definitivas de persoas solicitantes, así como a relación de persoas admitidas e en espera, no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.
- Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Neste caso, non é necesario confirmar esta matrícula no centro educativo senón que este, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xusti¥icación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso.
- Entrega no centro no que lle fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado.
- Solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Nesta modalidade, é posible facer a reserva dos módulos adxudicados, pero será obrigatorio entregar no centro unha única solicitude de matrícula segundo as instrucións que se publiquen, xa que de non facelo, esta non se formalizará e quedará anulada e sen efecto.
- Entrega no centro en que lle fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado