24 de mar. de 2024

Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Están dirixidas a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexen coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

As datas das ditas Xornadas son o 15, 16 17 e 22 de abril de 2024.

  • O 15 de abril: presentación dos Estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • Do 15, 16, 17 e 22 de abril: visitas aos centros públicos de FP da cidade e a EASD Pablo Picasso para coñecer a súa oferta de ciclos formativos.
  • O luns 22 de abril: presentación dos ciclos de FP Básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1)

Organízanse como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

O alumnado asistente recibirá a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego.



Acceso ás Xornadas

O prazo de inscrición  será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.

A solicitude en liña farána directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición (no QR dos carteis que temos colgados no centro, ou https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoup-2024/contenido/1453839255943), indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os datos persoais. 

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario. O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOAP. A organización pode solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.



As sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no noso canal de youtube: 

https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...