22 de abr. de 2024

CONVOCADAS BOLSAS PARA ALUMNADO CON NEAE ASOCIADAS A DISCAPACIDADE, TRASTORNO GRAVE DA CONDUTA OU DA COMUNICACIÓN/LINGUAXE, TRASTORNO ESPECTRO AUTISTA E ALTAS CAPACIDADES

O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Convócanse as seguintes axudas individualizadas:

a) Axudas directas para o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastorno espectro autista.

b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, e trastorno espectro autista.  

c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe,  trastorno espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Compoñentes das axudas e contías:
  • Ensinanza: ata 862,00 euros.
  • Transporte interurbán: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnado interno en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbán: ata 308,00 euros
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: demde105,00 ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros..
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024 inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...