17 de abr. de 2024

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024. 


As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

OFERTA DE PRAZAS

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.

Ciclo superior de Dietética.

Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.


INSCRICIÓNS:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024 ata as 13:00 h.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)


Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio

Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.

Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.

Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.

Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.


REQUISITOS:

Cumprir os requisitos de acceso establecidos, e ademais:

- Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

- Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

- Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

- Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

NO CASO DE HABER VACANTES

  • Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

        - sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

        - ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

  • Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.
  • Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.


MÁIS INFO:

www.edu.xunta.es/fp

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. de Monelos, 9º andar. Rúa Vicente Ferrer, 2 (15008 - A Coruña) 

Tel. 981 184 701

MÁIS INFORMACIÓN: nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...