22 de abr. de 2024

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Xunta de Galicia pon á disposición dos mozos e mozas galegos un total de 36 instalacións xuvenís en Galicia -3 delas novas neste 2024- durante a época estival para levar a cabo as diferentes actividades de ocio e tempo libre. 

Así mesmo, e dentro dos programas de intercambios bilaterais, tamén se ofrece a posibilidade de que a xuventude galega coñeza a realidade social e cultural doutras comunidades autónomas. Este ano mantemos os intercambios con Álava-Araba, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Castela- A Mancha, Madrid e Cantabria. 

REQUISITOS DE IDADE

  • As persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos no momento do inicio do campamento. 
  • As persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

SOLICITUDE

A solicitude pode ser individual ou múltiple (para o suposto de dous/dúas ou máis irmáns/ás)As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

Clica na imaxe para saber máis.



QUE INCLÚE O CAMPAMENTO? 

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza. 
  • O aloxamento nun albergue xuvenil, nunha residencia, nun campamento xuvenil ou similar. 
  • A manutención en réxime de pensión completa. 
  • O material necesario para a actividade xuvenil. 
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, para o caso das persoas con discapacidade  que por razón das súas necesidades especiais precisen apoio, disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas. 
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • No caso dos intercambios con outras comunidades autónomas: o transporte desde Santiago de Compostela que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.  

EQUIPAMENTO PERSOAL NECESARIO 

As persoas mozas que participen nestas actividades deberán levar útiles de aseo persoal, roupa axeitada (usada e cómoda), roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño (traxe de baño, toalla, gorro de piscina, protector solar), calzado deportivo e aquel outro equipamento que se indique nas cartas informativas de cada campamento. As cartas informativas de cada campamento estarán dispoñibles na páxina web: xuventude.xunta.es despois do sorteo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...