A Universidade da Coruña publicou a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso 2026-2027.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 23 de xuño de 2026.
As residencias universitarias dispoñibles son:
A convocatoria está dirixida ao estudantado da UDC, tanto de novo ingreso como de continuidade de estudos. No procedemento establécense os requisitos, criterios de baremación, prezos públicos e documentación necesaria.
Para o alumnado que se matricule por primeira vez na universidade:
- Debe cubrir o formulario de solicitude.
- Posteriormente, recibirá por correo electrónico as instrucións para achegar a documentación acreditativa correspondente.
Cómpre lembrar que:
- Só se admite unha solicitude por persoa.
- É necesario escoller entre A Coruña ou Ferrol.
- Terá validez unicamente a última solicitude rexistrada.
Páxina web:
https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/
Universidade da Coruña
Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)
Tel. 981 167 000
correo-e:
- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")
- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)
Tamén se recomenda consultar o regulamento interno das residencias e revisar con antelación toda a documentación requirida para evitar incidencias no proceso de solicitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.