6 de maio de 2026

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2026-2027

Se estás en 2º de Bacharelato ou rematando un Ciclo Formativo, debes saber que xa saíu a convocatoria para as probas de acceso ao Grao Superior de Música en Galicia para o vindeiro curso 2026-2027.  



Que é o Grao Superior de Música?

Equivale, a todos os efectos, a un Grao Universitario. Son catro anos de formación intensa onde te especializas ao máis alto nivel. En Galicia, temos a sorte de contar con dous centros de referencia:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM Coruña): ¡Témolo aquí ao lado, en Riazor!

  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Datas clave. Inscrición para as probas (na web https://www.edu.xunta.gal/eas.): 

  • do 28 de abril ao 21 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas que reúnan os requisitos académicos de acceso.
  • do 28 de abril ao 15 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade.
  • *PROBA ACREDITATIVA DAS COMPETENCIAS CLAVE DO BACHARELATOpara as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade. Data e lugar de realización26 de maio de 2026, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Que necesito para presentarme?

Para acceder a estes estudos, normalmente precísanse dous requisitos:

  1. Académico: Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivaente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a devandita proba. No caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez acrediten estar en condicións para a obtención do título de bacharelato antes da adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

    • ¿Non tes o Bacharelato? Non te preocupes, se tes máis de 18 anos hai unha proba específica de madurez (que se fará o 4 de xuño) para que poidas presentarte igualmente. 

    • Acceso para as persoas menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade: as persoas aspirantes nesta situación poderán acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de Música sempre que acrediten, superando unha proba, ter acadado o desenvolvemento das competencias clave previsto ao finalizar o bacharelato. 

  2. Específico: Superar a proba de acceso. Aquí demostrarás o dominio do instrumento, a túa capacidade auditiva e os teus coñecementos teóricos.

Pasos a seguir agora mesmo:

  1. Elixe a especialidade: Interpretación (o teu instrumento), Composición, Pedagoxía, Produción e Xestión... Investiga que camiño che motiva máis.

  2. Consulta o repertorio: Cada conservatorio publica as obras que debes preparar para o exame. Mira a web do CSM da Coruña.

  3. Prepara a documentación: Lembra que o proceso adoita ser telemático a través da aplicación da Xunta de Galicia.

MÁIS INFO: 
https://centros.edu.xunta.gal/cmuscoruna/Probas-de-acceso 
E no propio Conservatorio Profesional de Música da Coruña  
Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...