6 de maio de 2026

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2026-2027

Se che apaixona o movemento, a música e a expresión corporal, debes saber que o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña acaba de anunciar as datas para as probas de acceso do vindeiro curso 2026-2027.


Tanto se estás pensando en comezar desde cero como se xa tes formación e queres profesionalizarte neste ámbito, podes facelo na cidade.

Que niveis se ofrecen?

Dependendo da idade e coñecementos previos, podes inscribirte en:

  • Iniciación: Un primeiro contacto co mundo da danza a través do xogo e a musicalidade (mínimo 7 anos).

  • Grao Elemental: 4 cursos para asentar as bases. É necesario superar unha proba de acceso (mínimo 8 anos).

  • Grao Profesional: 6 cursos para unha formación profunda. Podes acceder ao primeiro curso ou a cursos intermedios se demostras o nivel necesario.

Datas clave para as probas

  • Luns, 8 de xuño (16:30 h): Iniciación e Grao Elemental.

  • Martes, 9 de xuño (16:00 h): 1º de Grao Profesional.

  • Mércores, 10 de xuño (16:30 h): Outros cursos de Grao Profesional.

Preinscripción

A preinscrición é obrigatoria e podes facela ata o día anterior á proba. Tes dúas vías:

  1. Por teléfono: Chamando ao 981 14 15 81 (horario de 16:00 a 21:00 h).

  2. Por correo electrónico: Envía un email a conservatorio.danza@dacoruna.gal cos seguintes datos:

    • Nome e apelidos.

    • Data de nacemento.

    • Persoa responsable e teléfonos de contacto.

    • Curso ao que te presentas.

Máis infro: www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

E no propio Conservatorio: Casa Martelo (Rúa Franxa, 14).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...