Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o curso 2026-2027.
Estas prazas están destinadas a persoas mozas de entre 16 e 30 anos que, por motivos de estudo, formación ou traballo, necesiten residir fóra do seu concello habitual. Trátase de residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia e non das residencias universitarias vinculadas ás universidades.
As residencias ofrecen aloxamento e servizos complementarios, facilitando a continuidade dos estudos e o acceso á formación en distintas localidades galegas.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xuño de 2026.
Entre as residencias convocadas atópanse:
Residencia Xuvenil Altamar (Vigo)
Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)
Residencia Xuvenil Lug (Lugo)
Información Xuvenil A Coruña – Prazas nas residencias xuvenís
Tamén pode consultarse a convocatoria na web da Xunta de Galicia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.