A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional abriu o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2026-2027.
Información e tramitación:
Aplicación Fondolibros
Prazo de presentación:
Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.
Quen pode solicitalo:
- Fondo solidario de libros: alumnado de 3º a 6º de Primaria e ESO.
- Axudas para adquisición de libros: alumnado de 1º e 2º de Primaria e determinados casos de alumnado con NEAE.
- Axudas para material escolar: alumnado de Primaria e ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos.
Presentación das solicitudes:
- Preferentemente por vía electrónica na aplicación Fondolibros e na sede electrónica da Xunta.
- Tamén poderá realizarse presencialmente no centro educativo correspondente.
Aspectos importantes:
- É obrigatoria a devolución dos libros prestados do curso actual para poder acceder ás axudas.
- A documentación inclúe os anexos I e II de solicitude e comprobación de datos da unidade familiar.
- As contías e número de libros asignados dependen da renda per cápita familiar e doutras circunstancias específicas (NEAE, discapacidade, tutela da Xunta, etc.).
Máis información oficial:
PáXina web:
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 517/ 881 997 385/ 881 996 512/ 881 996 513/ 981 547 301/ 981 546 524
Publicación: DOG 18/05/2026
Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED330B
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.