13 de maio de 2026

Ensinanzas deportivas 2026/2027: aberta a convocatoria das probas de acceso

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/2027. Estas ensinanzas permiten combinar formación académica e especialización deportiva en distintas modalidades.

Poden resultar de interese para alumnado que queira orientar o seu futuro académico e profesional cara ao ámbito da actividade física, o adestramento deportivo ou o rendemento en modalidades específicas.

Prazo de inscrición

  • Até o 15 de maio de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior.

  • Até o 25 de xuño de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio.

    • Proba específica de acceso ao grao medio.

Inscrición nas probas

Datas de inscrición

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou proba específica de grao medio: até o 25 de xuño de 2026.

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: até o 15 de maio de 2026.

Lugar de inscrición

A inscrición deberá realizarse na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva. As persoas aspirantes só poderán realizar a proba no centro no que formalicen a inscrición.

Excepcionalmente:

  • Na modalidade de Fútbol, a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe, indicando en cal dos dous centros asignados se solicita realizar a proba.

  • Na modalidade de Atletismo, a solicitude poderá presentarse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.


Requisitos de acceso ao grao medio

Para acceder ao ciclo inicial de grao medio é necesario:

  • Estar en posesión do título de ESO ou equivalente.

  • Tamén se consideran válidas outras titulacións como Bacharelato, título de técnica/o superior ou titulación universitaria.

Para acceder ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio:

  • Débese ter superado previamente o ciclo inicial da mesma modalidade ou especialidade deportiva.

O alumnado que non dispoña do título da ESO poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 17 anos no ano natural da proba.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

  • Cumpre os demais requisitos específicos da modalidade.

Probas específicas

Nalgunhas modalidades deportivas é obrigatorio superar unha proba específica de acceso:

  • Fútbol

  • Fútbol sala

  • Baloncesto

  • Balonmán

  • Atletismo

  • Vela

No caso de Baloncesto e Balonmán tamén poden acreditarse méritos deportivos.

Requisitos de acceso ao grao superior

Para acceder aos ciclos de grao superior é necesario:

  • Posuír o título de técnica/o deportivo na correspondente modalidade ou especialidade.

  • Ademais, contar con algunha destas titulacións:

    • Bacharelato

    • Título de técnica/o superior

    • Titulación universitaria

O alumnado que non dispoña do título de Bacharelato poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 19 anos no ano natural da proba.

  • Posúe o título de técnica/o deportivo correspondente.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

Máis información e contacto

Información xuvenil do concello de A Coruña

Contacto na provincia da Coruña:

  • Departamento Territorial da Coruña
    Edificio Administrativo de Monelos, 9º andar
    Rúa Vicente Ferrer, 3 – 15008 A Coruña

  • Teléfono: 981 184 701

Convocatoria publicada no DOG do 30 de abril de 2026.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...