13 de maio de 2026

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) correspondentes ao curso 2026-2027

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocou as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) correspondentes ao curso 2026-2027.


Estas axudas están dirixidas a alumnado que precise apoios educativos específicos derivados de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, Trastorno do Espectro Autista (TEA), TDAH ou altas capacidades intelectuais.

Quen pode solicitalas?

Poderá solicitar estas axudas o alumnado escolarizado en:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obrigatoria
  • Bacharelato
  • Ciclos Formativos de Grao Básico
  • Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
  • Ensinos Artísticos Profesionais
  • Programas de formación para a transición á vida adulta
  • Outros programas formativos de Formación Profesional

No caso do alumnado con altas capacidades intelectuais, as axudas están destinadas a alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas artísticas profesionais.

Ademais dos requisitos académicos e psicopedagóxicos, a convocatoria establece límites de renda e patrimonio familiar.

Que tipos de axudas se convocan?

A convocatoria inclúe:

  • Axudas directas para alumnado con NEAE, incluído alumnado con TDAH.
  • Subsidios para familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios destinados a alumnado con altas capacidades.
  • Subsidio fixo de 400 euros para gastos xerais derivados da escolarización.

Contías orientativas

As contías máximas previstas son as seguintes:

  • Ensino: ata 862 €
  • Transporte interurbano: ata 617 €
  • Comedor escolar: ata 574 €
  • Residencia escolar: ata 1.795 €
  • Transporte urbano: ata 308 €
  • Material e libros:
    • ata 105 € en ensinanzas obrigatorias
    • ata 204 € en ensinanzas postobrigatorias
  • Reeducación pedagóxica: ata 913 €
  • Reeducación da linguaxe: ata 913 €
  • Programas para altas capacidades: ata 913 €
  • Subsidio xeral adicional: 400 €

Prazo de presentación

O prazo de solicitude estará aberto:

📅 Do 19 de maio de 2026 ao 10 de setembro de 2026 ás 15:00 horas.

Como se presenta a solicitude?

A tramitación realízase de maneira telemática a través da sede do Ministerio:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.htmlç

É recomendable iniciar a solicitude canto antes para dispoñer de tempo suficiente para reunir a documentación necesaria e solicitar os certificados correspondentes ao centro educativo e aos servizos externos, no caso de precisalos.

Información e contacto

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

  • Teléfono de atención: 910 837 937

Sección de Bolsas – Departamento Territorial da Coruña

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

  • Enderezo: Rúa Vicente Ferrer, 2, 9ª planta. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña
  • Teléfonos: 981 18 47 41 / 981 18 47 42
  • Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación oficial

A convocatoria foi publicada no BOE do 8 de maio de 2026 e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 904028).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

A Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...