28 de dec. de 2022

BOLSAS CANADÁ

O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego convoca o programa "A Coruña no mundo: Bolsas Canadá 2023-2024-1º de Bacharelato en Canadá", no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en Canadá, equivalente a 1º de Bacharelato, así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. A estadía en Canadá comezará en agosto de 2023 e finalizará en xuño de 2024


INSCRICIÓN: 

  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na web www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica do Programa do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.
  • A documentación e o xustificante da inscrición en liña debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais deberá presentarse nos rexistros municipais, ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 39/2012 do  Procedemento Administrativo Común das AAPP, ou na sede electónica https://sede.coruna.gal/

REQUISITOS:

Alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra o seguintes requisitos:
  • - Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no momento da solicitude.
  • - Estar matriculado e cursando 4º de ESO no curso 2022-2023 nun centro da cidade da Coruña.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa no curso 2021-22.
  • - Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés) no curso 2021-22.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • a) Bolsa total: serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9000 € anuais de renda per cápita.
  • b) Bolsa parcial: as familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza (as porcentaxes que corresponde aboar ás familias variarán en función da renda per cápita)

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña
Casa Paredes. Avd. da Mariña, 18- 2º (15001 - A Coruña)
Tel.: 981 184 200 
PUBLICACIÓN: BOP 22-12-2022 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 664514.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...