1 de xul. de 2022

CONVOCATORIA DE MATRÍCULA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ·XULLO DE 2022)

MATRÍCULA ANTICIPADA 

PRAZO: Do 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022.

MATRÍCULA ORDINARIA

PRAZO: O 28 ou 29 de xuño.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA: 

Das 9:00 ás 14:00h. do día seguinte a comunicación da resolución da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato da convocatoria extraordinaria do curso 2021-2022 ante a Xefatura Territorial correspondente.




Poderá presentarse á Parte Obrigatoria e á Parte Voluntaria: 
a) Alumnado que aprobe o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013 (LOMCE) neste curso 2021-22 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia 
 b) Alumnado que aprobou o bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013 en convocatorias anteriores, nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e que non teña superada a proba ABAU. 
c) Alumnado que teña superada a proba ABAU en convocatorias anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia e desexe mellorar a súa cualificación. 
d) Alumnado que teña un título de ordenacións educativas anteriores (PREU, COU, LOXSE, MÚSICA E DANZA) declarado equivalente ao título de bacharelato establecido na Ley Orgánica 8/2013, obtido nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 

Poderá presentarse á Parte Voluntaria: 
a) Alumnado que teña superada a parte obrigatoria en anos anteriores na Comunidade Autónoma de Galicia ou noutra Comunidade Autónoma e que acrediten a súa adscrición a un centro de Galicia. 
b) Alumnado de FP que obtivese o título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente neste curso 2021- 22 nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia 
c) Alumnado de FP que estea en posesión do título de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior ou equivalente obtido en anos anteriores nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia ou que acredite a súa adscrición a un centro da mesma.
d) Alumnado de anos anteriores en posesión do título de Bacharelato Europeo en virtude das disposicións contidas no Convenio polo que se establece o Estatuto das Escalas Europeas, acordado en Luxemburgo o 21 de xuño de 1994 e/ou alumnado que obtivese o Diploma do Bacharelato Internacional, expedido pola Organización do Bacharelato Internacional, con sede en Xenebra (Suíza), e que desexe mellorar a súa cualificación e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 
e) Alumnado de anos anteriores con acreditación expedida pola UNED para acceder ás Universidades Españolas e que acredite a súa adscrición a un centro de Galicia. 
f) Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros que obtivese a homologación antes da finalización do prazo de matrícula dos seus estudos aos títulos de bacharelato ou de Técnico Superior de FP, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou Técnico Deportivo Superior español ou que presentase a solicitude de homologación e estea pendente de resolución e que acrediten a súa adscrición a un centro de Galicia



A matrícula anticipada realizarase obrigatoriamente a través da aplicación informática Nerta (https://www.edu.xunta.es/nerta/). O Alumnado que non ten conta de usuario en Nerta deberá enviar por correo electrónico ao LERD correspondente (véxase Anexo I) a documentación. 

Toda a información aquí



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...