16 de xuño de 2022

(PRE)INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE

PRAZOS XERAIS: 

  • Preinscrición Anticipada (do 15 ao 30 de xuño ata as 14:00 h).
  • Preinscrición en convocatoria Ordinaria (do 21 ao 30 de xuño ata as 14´00 h.), Para o alumnado que supere a  ABAU na convocatoria ordinaria do presente curso. 
  • Preinscrición en convocatoria Extraordinaria (do 29 de xullo ao 2 de agosto ata as 14´00 h.). 

PRAZOS ESPECIAIS: 

  • Ata o 7 de xullo ábrese un prazo especial para estudantes, que xustifiquen a imposibilidade de presentar a preinscrición antes. 
  • Prazo para titulados universitarios: Do 14 ao 29 de xullo. 
  • 29 de xullo ao 02 de agosto: alumnado que non solicitou na convocatoria ordinaria..
  • Do 23 ao  29 de setembro ábrese un prazo especial para os estudantes procedentes doutros distritos que superasen as  ABAU en setembro e para os que titulasen en FP despois da preinscrición extraordinaria.

As datas de preinscrición serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e están publicadas na web da  CIUG, nesta ligazón.



A solicitude e todos os trámites administrativos do proceso de acceso, deberán facerse a través da aplicación NERTA, excepto determinado alumnado que deberá facer os trámites nos  LERDs ou directamente na  CIUG (ver instrucións na convocatoria).  Neste video, podedes ver como se realiza o proceso de inscripción e matrícula no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

 


PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA 

A CIUG asignará as prazas ofertadas en cada ensinanza universitaria oficial de grao en cada unha das convocatorias e prazos de matrícula que se establezan. A cada estudante asignaráselle a ensinanza universitaria de maior preferencia que lle corresponda en función da cota pola cal se solicita o acceso e tendo en conta, en todo caso, a orde de prelación, os criterios de valoración e a preferencia para a adxudicación de prazas establecidos. 


Os solicitantes convocados para matricularse na ensinanza universitaria oficial de grao solicitada en primeiro lugar de preferencia, deberán matricularse no prazo establecido para o efecto; de non facelo perderán todos seus dereitos de matricula. Enténdese por primeira preferencia aquela que o alumnado solicite en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se asensinanzas universitarias solicitadas por enriba dela esgotaron as súas prazas e figuran como “PECHADA”. 

Se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia se reconfirma que desexa continuar na Lista de Espera. No caso de matricularse nela, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior.

A formalización da matrícula realízase en liña, pero non en Nerta, se non accedendo ás ligazóns de cada unha das universidades de Galicia (dispoñibles na páxina web da  CIUG):

UNIVERSIDADE DA CORUÑA:  https://matricula. udc.es/ matriculaprimeiro/
UNIVERSIDADE DE VIGO:  https://matricula. uvigo.es/ matriculaprimeiro/
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO:  https://matricula. usc.es/ matriculaPrimeiro/

RECONFIRMACIÓN NA LISTA DE ESPERA 

Despois de cada chamamento e durante o período de matrícula, se o solicitante aparece convocado/a nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia e desexa continuar en lista de espera en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia, deberá confirmar a través da propia aplicación informática nerta, o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

CHAMAMENTOS POR VACANTES
 
No caso de que con posterioridade ó peche da matrícula dunha titulación se produzan vacantes, serán convocados para matrícula os estudantes que quedaron en lista de espera. Os estudantes convocados recibirán unha mensaxe de correo electrónico á que deberán responder aceptando a praza no prazo de 48 horas. Se non resposta a mensaxe, entenderase que xa non ten interese na praza polo que decaerá nos seus dereitos e procederase á convocar ó seguinte na lista de espera.

Clica na imaxe para ver a oferta de prazas no Sistema Universitario de Galicia, no curso actual.


PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS:

Hai que fcubrir un formulario por comunidade e estar atentos aos seus propios prazos de preinscrición e matrícula. Na páxina web de cada Universidade atoparaás os prazos e procedemento de cada unha.

Aquí tes un buscador interesante, do Ministerio de Educación, de titulacións no territorio español, coa súa nota de corte, precio, e enlace á propia universidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...