17 de xuño de 2022

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual

Convócanse axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP Dual en réxime de concorrencia non competitiva. 

Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP Dual e remate antes do 31 de decembro de 2022.

Períodos de presentación de solicitudes: 

  1. Primeiro prazo:, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, (alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022).
  2.  O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2022. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2022. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2022 acollerase á seguinte convocatoria de axudas
As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP Dual, e entregaranse no mesmo no que estea matriculado no momento de facer a FCT.


 Contía da axuda.

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro do territorio español.

Na comunidade autónoma 

Ata un máximo de 375 € cando se cumpran as seguintes condicións:

• O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.

• O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP Dual.

A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou no caso da FP Dual do número de xornadas de permanencia na empresa.

Fóra da comunidade autónoma.

Cantidade fixa de 200 € aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.

Alumnado que realice a FCT ou a FP Dual fóra do territorio español.

Unión Europea

Países non integrados na Unión Europea





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...