1 de xuño de 2022

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico

Convócanse ata 20 premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/2022, coa finalidade de recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia.

REQUISITOS:

  • Ter cursado durante o ano académico 2021/22 4º curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. 
  • O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da comunidade e terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2022. 

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

1.000 € por premio, un diploma acreditativo e a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Solicitudes

Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

1. Cubrir a solicitude:

Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación PremiosEdu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Despois de acceder á aplicación PremiosEdu, hai que seleccionar a opción de menú “Solicitudes”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contacto e os datos académicos. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación PremiosEdu e a continuación premer no botón Presentar ESede Electrónica” que enlaza coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta. A continuacióndeberase achegar a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración e outra documentación que se considere oportuno.

Para solucionar as posibles dúbidas que poidan xurdir sobre o procedemento a seguir para realizar as solicitudes pódese consultar o manual da aplicación a través da seguinte ligazón.


Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/www.edu.xunta.gal/premiosedu

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...