Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario.
Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:
INSCRICIÓNS:
Dende o 16/06/2025 (o 23 o alumnado que cumpre requisitos de acceso no 2025) ata o 02/07/2025 até as 13.00h.
Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
Deberase cubrir unha única solicitude para cada grao (unha para CM e outra para CS).
En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo. Podedes consultar a oferta AQUÏ
A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
CONSULTA DE SOLICIUDE E DE ADXUDICACIÓNConsultar as Resolucións de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
MATRÍCULA
No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).
Adxudicación de praza: As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden:
- Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Para efectuar esta matrícula, deberán obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberase entregar persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada na FP Dual Intensiva ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
- Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP a través do asistente web. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza á que se renuncia. Renunciar á adxudicación dunha praza da oferta ordinaria é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada.
- Non matricularse nin renunciar: as persoas con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas.
DATAS DE MÁIS RELEVANCIA
- Presentación de solicitudes do 16 de xuño ate o 2 de xullo ás 13 h. Quen obteña o requisito de acceso por obter un título de FP ou a ESO no curso 24/25 presentará a solicitude a partir do 23 de xuño.
- Resolución provisional de solicitudes 8 de xullo.
- Reclamación á listaxe provisional do 8 ao 10 de xullo ás 13:00h.
- Resolución definitiva de solicitudes 15 de xullo.
- 1ª adxudicación 15 de xullo.
- Matrícula ou renuncia do 15 ao 18 de xullo ás 13:00h.
- 2ª adxudicación 22 de xullo .
- Matrícula ou renuncia do 22 ao 24 de xullo ás 13:00h.
- 3ª adxudicación 29 de xullo.
- Matrícula ou renuncia do 29 ao 31 de xullo ás 13 h.
- Adxudicación continuada (chamamento): do 1 ao 26 de setembro ás 13 h.
- Período de solicitude de matrícula simultánea: presentación de solicitudes (sempre que existan prazas disipoñibles) do 8 ao 12 de setembro ás 13:00h.
- Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa: do 16 ao 19 setembro ás 13:00h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.