A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia. Para tal fin, créase a proba dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEE).
Inscricións:
Dende o 12/06/2025 ata o 18/06/2025
Poderá presentarse á proba PEE o alumnado que cumpra o seguinte requisito: Estar cursando ou ter cursado durante o ano académico 2024/25 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.
As persoas solicitantes do Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico deberán cumprir ademais:
- Ter rematado e superado os estudos de educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25 nun centro docente de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
- Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9.
- Terse presentado á proba PEE na convocatoria de 2025 e ter acadada unha cualificación total mínima de 30 puntos.
- Ter acadada, como mínimo, unha cualificación de 5 puntos en cada un dos exercicios da proba PEE.
SOLICITUDE
O procedemento de solicitude para optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico terá dúas fases diferenciadas, con solicitudes diferentes para cada unha delas:
1. Na primeira fase, o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria e que desexe optar aos premios deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba PEE.
2. Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas na proba PEE, o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas.
DESENVOLVEMENTO DA PROBA
A proba PEE terá lugar o 26 de xuño de 2025. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na portada de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
ESTRUTURA
Estrutura da proba PEE: a proba estruturarase en dúas partes:
- Primeira parte: constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira cursada como primeira lingua, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
- Segunda parte: o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de dúas materias do currículo de cuarto curso: - Matemáticas A ou matemáticas B, segundo o cursado polo/a alumno/a. - Xeografía e historia.
Realización da proba PEE: terá lugar o día 26 de xuño de 2025. A proba PEE realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no portal educativo.
Remuneración / Dotación:
Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios. A dotación será de 1.000 € por premio. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá ademais un diploma acreditativo e a distinción farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
Páxina web:
www.edu.xunta.gal/premiosedu/
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 527 / 881 996 509 / 881 997 383
Enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 11/06/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311D
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.