30 de mar. de 2022

Primavera xove

 

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Clica na imaxe para ter toda a información.


Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio, en tres formatos diferentes:

  • Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 
  • » Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.
  • » Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 

 

1. Programación de Semana Santa e de fin de semana en albergues xuvenís

En 8 instalacións diferentes: albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), albergue xuvenil Marina Española (Sada), albergue xuvenil Area (Viveiro), albergue LugII (Lugo), albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa), campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), Residencia de Tempo Libre do Carballiño e Estación de Montaña de Manzaneda . O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións é de 20, agás no caso da quenda de Semana Santa de Manzaneda, que será de 40 prazas. 

Ofertaranse un total de 600 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto; ao mesmo tempo que se achega un recurso de coidado durante períodos non lectivos para as familias galegas.

Dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude. 

-Cando?

  • Quenda de Semana Santa: do 10 ao 17 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 22 ao 24 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 29 de abril ao 1 de maio
  • Quenda de fin de semana: do 6 ao 8 de maio

-Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 25 de marzo ás 12.30 horasFORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

-Prezo do programa

25 euros para as actividades de fin de semana e de 150 euros para a Semana Santa. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo.

 

2. Feiras Primavera Xove nos 12 Espazos Xoves

Venres e xoves do mes de abril e comezos de maio, e de xeito totalmente gratuíto, cada Espazo Xove celebrará unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna. Aínda que cada unha terá as súas particularidades e nela participarán persoas diferentes, haberá varios denominadores comúns:

  • Venres/xoves pola mañá: charla formativa coa participación dos institutos de cada zona e convite a coñecer o espazo xove.
  • Venres/xoves pola tarde: celebraranse varios obradoiros de cultura urbana, artes, emprendemento, etc. e tamén haberá actuacións musicais.


3. Encontros de formación e networking nos campus universitarios

Gratuíta, para ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable5 tipos de actividades diferentes, que itinerarán polos campus de A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. 

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...