30 de mar. de 2022

Aberto o plazo de solicitude de becas para o ensino postobrigatorio (estudos universitarios, FP, Bacharelato e outros)


Dende hoxe, e ata o 12 de maio de 2022, está aberto o prazo para solicitar a beca para estudos postobtigatorios, do Ministerio de Educación. Xunto de novo a información:

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

BENEFICIARIOS

Alumnado que curse: 
  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticos: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivos
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico
Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

REMUNERACIÓN:

  • Contías fixas:
    • Bolsa básica: 300,00 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
    • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700,00 euros.
    • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600,00 euros.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros.

  • Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

REQUISITOS:

  • Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa.
  • Requisitos académicos: non estar repetindo curso, e con carácter xeral (agás algún suposto) matricularte no curso completo. Máis info aquí
  • Cumprir os requisitos que se fixan no Real Decreto 471/2021, de 29 de xuño, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional
  • A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. A efectos das bolsas e axudas ao estudo do curso 2022-2023, computarase o exercicio 2021.

SOLICITUDE:

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Tamén podes empregar a  Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles.

Unha vez dentro, tes que cubrir o formulario en liña. Non che pedirán documentación, porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegues algún documento concreto.

Se aínda así che quedan dúbidas, diríxete a:
  • Unidade de bolsas
Unidade de Bolsas que che corresponda
  • Teléfono
Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937


E algúns videos explicativos







Toda a información en:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...