16 de mar. de 2022

Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) da Universidade da Coruña


O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV), vía Teams, dirixidas ao Futuro Alumnado de Graos Universitarios, os días 30 e 31 de marzo de 2022.

Nas Xornadas poderedes:

- Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderás facer consultas aos relatores. 
- Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.   
- Participar nos retos e obradoiros, nos que conseguir premios. 

Os dous días das xornadas, ás 16:00h, comezarán coa charla en directo sobre as ABAU - PREINSCRICIÓN do profesor Pedro Armas, Delegado da UDC ante a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022

Recoméndovos non perdelo!

Calquera dúbida sobre acceso, admisión ou información xeral sobre titulacións, podes consultala en: sape@udc.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24

A  Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios extraordinarios de bacharelato co obxectivo d...