30 de mar. de 2022

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS UDC



O Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organiza hoxe as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV), vía Teams, dirixidas ao Futuro Alumnado de Graos Universitarios.

Nas Xornadas poderedes:

- Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderás facer consultas aos relatores. 
- Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.   
- Participar nos retos e obradoiros, nos que conseguir premios. 

Instrucións para conectarte: todas as videoconferencias/chats en vivo realízanse a través de Microsoft Teams

  • Busca a/s videoconferencia/s - chat/s nas que queres participar e o seu horario. Na ficha de cada grao encontrarás o horario, a ligazón para unirte á charla e máis información que te pode axudar.
  • Á hora escollida para unirte preme na ligazón "Unirse a..." e logo preme en "unirse ahora". Se non tes instalado Teams poderás escoller continuar nese explorador sen instalalo (segundo o teu navegador); só se te queres unir ás videoconferencias desde o teu móbil ou tableta é posible que necesites instalalo
  • Caseta "Punto de Información". Se tes calquera dúbida sobre acceso, admisión, queres información xeral sobre as titulacións ou do desenvolvemento destas Xornadas, estaremos á túa disposición nesta caseta de 15:30 a 20:00 h.

    Entra na caseta


Ademais, o delegado da CiUG, Pedro Armas Diéguez,  impartirá dúas charlas sobre ABAU e Preinscrición:

O día 30 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia
O día 31 de marzo as 16:00 h - Unirse á videoconferencia


Recoméndovos non perdelo!

Calquera dúbida sobre acceso, admisión ou información xeral sobre titulacións, podes consultala en: sape@udc.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...