5 de xul. de 2023

Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, consciente da importancia de recoñecer e valorar publicamente os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou e rematou a ESO no curso 2022-2023 na Comunidade Autónoma de Galicia, convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Dende o 16/08/2023 ata o 15/09/2023

REQUISITOS:

Ter cursado durante o ano académico 2022/23 cuarto curso de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural. O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornas socioculturais desfavorecidas ou de contornas familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios de 1.000 € cada un ademais dun diploma acreditativo.

PÁXINA WEB:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

CONTACTO:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesSan Caetano, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 527 / 881 997 383

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: premios@edu.xunta.gal

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 e enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 03/07/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311E

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...