26 de xul. de 2023

Segunda adxudicación nas admisións a ciclos formativos de Formación Profesional

Hoxe publícase a segunda relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio e de grao superior para cada réxime e modalidade. 

As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 27 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo, perderán o dereito de matrícula nas prazas adxudicadas. No caso do réxime ordinario, non matricularse nin renunciar significará quedar excluído/a do proceso de admisión. Os centros teñen de prazo ata as 14:00 horas do día 31 de xullo para cargaren as matrículas e, no caso do réxime ordinario, tamén as renuncias, na aplicación informática que corresponda.

As persoas con praza adxudicada poden: 

  • Matricularse (do 27 ao 31de xullo): no centro adxudicado e nos prazos establecidos.  Estar matriculado/a en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada de FP dual ou dun curso de especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos. 
Para efectuar esta matrícula, podedes obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula (para o réxime ordinario ou para o réxime de persoas adultas segundo corresponda) en http://www.edu.xunta.gal/fp. 
Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. 
Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática; esta é unha opción máis recomendable que a de efectuala de xeito presencial. De non efectuar a matrícula na praza adxudicada no prazo establecido ao efecto, perderá o dereito á praza e só poderá matricularse no caso de existir vacantes. 
Para o 1º curso do réxime ordinario e para o réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia poderase realizar a solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet, na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. 
Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de inscrición coa que se obtivo a praza adxudicada. A solicitude de matrícula web deberá facerse no prazo indicado no calendario para esa adxudicación. 
O centro, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado

  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP a través do asistente web. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
As persoas solicitantes de primeiro curso do réxime ordinario poderán renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que lles sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. 
A renuncia afectará á praza que lle fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta./fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade.
Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. 
Renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada. As persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado, perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...