5 de xul. de 2023

Prazas e bolsas nas residencias xuvenís da Consellería de Política Social e Xuventude

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca prazas e bolsas nas residencias xuvenís da súa titularidade destinadas a persoas mozas que, por estudos ou traballo, se vexan obrigadas a permanecer fóra do concello onde teñen a súa residencia habitual durante o curso 2023-2024.

INSCRICIÓNS:

Ata o 03/08/2023

DURACIÓN:

O período máximo de estadía será de 11 meses (no período establecido para cada curso académico, agás vacacións de Nadal e Semana Santa).

PREZO:

A cota que deberá aboar a persoa residente por mes será:

- Habitación dobre: 324 € por persoa residente e mes.

- Habitación cuádrupla: 250 € por persoa residente e mes.

As persoas estudantes colaboradoras bolseiras, ademais dos servizos xerais, desfrutarán do aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento, de setembro a xullo. 

REQUISITOS:

Nacionalidade española, dun país membro da Unión Europea ou persoas estranxeiras residentes en España.

Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

a) Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes non bolseiras:

Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutorados ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas. 

b) Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:

(Ver convocatoria)

c) Requisitos específicos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos na data do 31 de decembro de 2023.

Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso.  

As persoas estudantes colaboradoras bolseiras terán as seguintes obrigas:

- Cumprir os obxectivos e executar o proxecto de actividades.

- Colaborar coa dirección do centro para o desenvolvemento de protocolos de estadía das persoas mozas nas residencias xuvenís, de acordo co establecido no proxecto de actividades.

- Participar no programa Correspondentes xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dentro das actividades de información xuvenil e asumindo as obrigas e dereitos derivados do referido programa. 

PÁXINA WEB:

http://xuventude.xunta.es

CONTACTO:

Consellería de Polícica Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández 2-4. (15011 - A Coruña)

Tel.: 881 881 236

correo-e: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal

Publicación: DOG 03/07/2023

Sede electrónica (sede.xunta.gal)

Procedemento BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

Procedemento BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

Procedemento BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución é o seguinte:

Do total de prazas resérvase un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto.

Na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida. 

Nas residencias xuvenís ofertaranse o aloxamento e a mantenza, así como os seguintes servizos:

Aula de estudo-biblioteca.

Salas de xogos.

Televisión.

Conexión á internet (Wifi).

Lavandaría.

Actividades culturais e deportivas.

Caixa de primeiros auxilios.

Ximnasio.

Información do seguimento da persoa residente cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...