7 de mar. de 2023

CHARLA SOBRE A FORMACIÓN PROFESIONAL NO IES A SARDIÑEIRA

Ana Álvarez, a nosa dinamizadora da Formación Profesional no centro, estivo co alumnado do Bacharelato na Biblioteca do centro para proporcionarlles información sobre a FP, e máis en concreto da modalidade Dual. 
Explicounos o sentido da FP Dual como modalidade compartida entre o centro educativo e a empresa. 

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

  • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. No portal educativo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe " Coñece a FP ", dispós de toda a información dos prazos de solicitude e da oferta de FP dual.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo (mínimo dun 50% do SMI), utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Modalidades de FP Dual: grupo completo e grupo ordinario
  • Na FP DUAL de grupo completo, os dous cursos son mixtos entre o centro educativo e a empresa. Cada curso dura 1 ano completo 
  • Na FP de ordinario, o 1º curso no centro educativo e o 2º curso é mixto, acudindo á empresa tras cursar o 1º trimestre no centro.
Velaquí as presentacións empregadas por Ana. Mil grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...