16 de feb. de 2022

Probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio (celebrarase en A Coruña o 20 de maio de 2022) e setembro (celebrarase en A Coruña o 2 de setembro de 2022). 

As inscricións, para a convocatoria do mes de maio, son entre o 7 e o 17 de marzo de 2022. Os que queiran presentarse na convocatoria do mes de setembro, presentarán inscrición entre o 1 e o 8 de xullo de 2022. As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria. Debedes formalizar a matrícula no Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña (rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña Tel.: 881 960 901)

REQUISITOS:

  • Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na ESA poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

CÓMO os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  1. Ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física
  2. Ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música
  3. Ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de: Lingua Galega e Literatura: exercicio de redacción, cuestiós de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura: exercicio de redacción, cuestión de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés)

Máis información neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...