7 de abr. de 2023

CAMPAMENTOS DE VERÁN: XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. 

A Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.

  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

  • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.

  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.

  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

As mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 1. CAMPAMENTOS.

A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para o día 17 de abril

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio

Forma de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación. As solicitudes presentaranse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Poderán presentarse de forma individual ou múltiple (para o suposto de 2, 3 e ata 4 irmáns/ás, que soliciten idéntica instalación, quenda e actividade, identificada co mesmo código e cumpran os requisitos de idade exixidos para a instalación, quenda e actividades solicitada), e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade: 

  • Procedemento xeral:

    • Solicitude individual: procedemento BS303A
    • Solicitude múltiple: procedemento BS303F
  • Procedemento prazas para inclusión de persoas con discapacidade:
    • Solicitude individual: procedemento BS303G
    • Solicitude múltiple: procedemento BS303H

 

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.

 

Máis información:

 Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, no marco do Plan Corresponsables.

Teléfonos de información

 

DATA DO SORTEO: Conforme ao artigo 6 da orde de convocatoria, o día e hora e lugar de realización do sorteo anunciarase na web http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.

 

2. CAMPOS DE VOLUNTARIADO

Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.Son actividades realizadas en colaboración con concellos e entidades, e encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Máis información:


  A oferta de campos de voluntariado está composta por:

2.1. Campos de voluntariado en Galicia

Apertura do prazo de solicitude: día 18 de abril, ás 9:00 h. A convocatoria é única e estará aberta ata 3 días antes do comezo de cada campo.

A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.

Oferta de campos en Galicia

2.2. Campos de voluntariado noutras CCAA

1ª Convocatoria

O prazo desta convocatoria abre o día 2 de maio, ás 9:00 h. e pecha o día 23 de maio, ás 14:00 h.

A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web xuventude.xunta.es.

2ª Convocatoria

Unha vez pechada a 1ª convocatoria o programa prevé, para os campos noutras CCAA, unha nova oferta xeneralizada de prazas en 2ª convocatoria ou repesca. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos.

O prazo para solicitar en 2ª convocatoria as prazas para os campos noutras CCAA comezará o 1 de xuño ás 10:00h. Este prazo permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio do campo.

2.3. Campos de voluntariado no estranxeiro

O prazo de inscrición para os campos de voluntariado no estranxeiro abriuse o día 13 de marzo, ás 9:00 h, e manterase aberto ata esgotar as prazas.

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

exclamacion

Existen algúns campos de voluntariado que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira, salvo indicación contraria, Á CHEGADA AO CAMPO. Esta cota extra que aplican discrecionalmente algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado.

 

 

ollo

Antes de facer a solicitude, consulta aqui aCONDICIÓNS de participación nos campos de voluntariado no estranxeiro.

 Como solicitar:

A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

 

3. MINICAMPAMENTOS "COÑECE GALICIA"

Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

A información deste programa estará dispoñible nas vindeiras semanas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...