O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024.
Convócanse as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) e o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
- Ensinanza: ata 862,00 euros.
- Transporte interurbán: ata 617,00 euros.
- Comedor escolar: ata 574,00 euros.
- Residencia escolar: ata.795,00 euros.
- Transporte para traslado de fin de semana de alumnado interno en centros de educación especial: ata442,00 euros.
- Transporte urbán: ata 308,00 euros
- Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata105,00 euros.
- Resto de niveis da ensinanza post-obrgatoria: ata 204,00 euros.
- Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros..
- Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.