30 de maio de 2023

Prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) en Santiago de Compostela

 A Universidade de Santiago de Compostela publica a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2023-2024. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.

A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias/acceso-servizo-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-prazas-aloxamento 

Os/as estudantes de nova admisión poderán solicitar praza para o grupo I e para o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso. 

Presentarase unha única solicitude por persoa, agás no caso de solicitar praza nos dous campus (un formulario para Santiago e un formulario para Lugo). 

O documento xerado tras  encher o formulario da páxina web  deberá ser asinado por todos os membros da unidade familiar.

  • Poderán asinalo electronicamente cando todos os membros da unidade familiar dispoñan dun dos sistemas de sinatura electrónica (DNIe, FNMT e Cl@ve). Posteriormente deberán achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude".
  • Cando algún membro da unidade familiar non dispoña de certificado electrónico, poderá imprimir o formulario de solicitude en papel, asinalo manualmente e posteriormente achegalo en formato PDF a través do enlace "Engadir documentación á súa solicitude"
A solicitude darase por presentada cando, unha vez asinada, se xere o resgardo correspondente. 

As cotas e prezos serán os establecidos nas bases da convocatoria en función da Renda Persoal Dispoñible (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 de marzo de 2023). 


Clica na imaxe para máis información




Máis información en: 
Pavillón de Estudantes
Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...