13 de feb. de 2023

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Persoas beneficiarias Alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en 1º ou 2º de bacharelato

As actividades que se convocan son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

Requisitos: 

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22. 

c) Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato. 

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. 

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte


ACHEGAS DAS FAMILIAS SEGUNDO GRUPOS

A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). (Ver Anexo V da convocatoria)

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...