2 de feb. de 2023

PROBAS DE ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E O DEPORTE

Convocadas as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (UDC), para o curso académico 2023-2024.

DATA DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

22 de abril e 20 de xuño de 2023.

MATRÍCULA:

Para o 22 de abril: matrícula entre 18 de xaneiro ata o 17 de marzo ás 14:00h. 

Para o 20 de xuño: do 05 ao 17 de maio ás 14:00h.

PREZO: 63,67 €, máis 6 € en concepto de seguro de accidentes (consultar posibles bonificacións ou exencións). O pagamento dos dereitos de exame permitirá presentarse ás dúas oportunidades (abril e xuño); en caso de concorrer á segunda oportunidade, só haberá que aboar novamente o seguro de accidentes.

REQUISITOS:

Poderá presentarse ás probas específicas de acceso quen teña superado ou estea cursando o Bacharelato ou un Ciclo Formativo de Grao Superior.

As persoas deportistas de alto nivel e de alto rendemento estarán exentas de realizar estas probas.

Os aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias do cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, sen prexuízo de cumprir coa normativa para o acceso e admisión á Universidade.

As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na páxina web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Unha vez completado haberá que presentalo xunto coa documentación requirida no rexistro da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, a través da Sede Electrónica da Universidade da Coruña, ou ben por calquera das formas previstas na normativa sobre procedemento administrativo común das administracións públicas.

PÁXINA WEB:

http://inefg.udc.es/

CONTACTO:

Universidade da Coruña - UDC

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física

Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros.

Tel. 881 014 046

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...