A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.
Nesta ligazón atoparás a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso actual:
REQUISITOS
- Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural no que comece o ciclo formativo.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe (actualmente contrato de formación en alternancia establecido no Real decreto lei 32/2021), e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
- O alumnado que teña dezaseis anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, logo de rematado o período ordinario de matriculación no proceso de admisión a estas ensinanzas, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista listaxe de espera.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual, segundo o establecido nas INSTRUCCIÓNS
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e nos cursos de especialización de FP. (OLLO ÁS EXCLUSIÓNS) No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual intensiva poderán continuar nos outros procesos de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.
PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
Serán excluídas dos procesos de admisión a FP dual intensiva as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
– Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
– Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual intensiva quedarán excluídas do proceso de admisión a outras ofertas de ciclos formativos e de cursos de especialización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.