Para o alumnado de grao e máster que se matricule a tempo completo nun centro da UDC, nos campus da Coruña e Ferrol, para o curso 2024/25.
INSCRICIÓNS:
Dende o 28/05/2024 ata o 25/06/2024 até as 14:00h.
REQUISITOS:
En relación coa vivenda habitual
- Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.
- Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
- Para a adxudicación das prazas requirirase que a persoa solicitante acredite que, por razón da distancia do domicilio familiar ao centro docente e os medios de comunicación existentes, ten que residir fóra do domicilio familiar durante o curso.
BAREMO PARA A VALORACIÓN DAS SOLICITUDES DE PRAZA: a puntuación total será a suma das puntuacións académica e económica.
Alumnado que se matricule por primeira vez na UDC: solicitará a praza a través do documento que figura como ANEXO III (A Coruña) ou ANEXO IV (Ferrol) ao final da convocatoriaconvocatoria. Deberán asinalo, xunto cos demais membros computables da unidade familiar, e presentalo coa documentación requirida en:
A Coruña: na Sección de Bolsas, Pavillón de Estudantes (campus de Elviña)
Ferrol: Negociado de Asuntos Xerais (campus de Esteiro)
PÁXINA WEB:
www.udc.gal
CONTACTO:
Consultas sobre a convocatoria: Universidade da Coruña. Sección de bolsas. Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña. Tel. 981 167 000 e-correo bolsas@udc.gal co asunto: "residencias universitarias /prazas residencias".
Consultas sobre as residencias:
A Coruña: residenciauniversitaria.coruna@udc.es
Ferrol: residenciauniversitaria.ferrol@udc.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.