7 de xuño de 2023

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.

INSCRICIÓNS:
  • Alumnado de bacharelato, ata o 12 de xullo de 2023. 
  • Alumnado de FP, ata o 1 de agosto de 2023.
Feita a adxudicación de prazas en período ordinario sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 4 e o 8 de setembro de 2023, ambos incluídos.

DURACIÓN:
O período de funcionamento dos centros residenciais docentes coincidirá co calendario escolar para o curso 2023/24. En todo caso, permanecerán pechados as fins de semana e a partir do 30 de xuño de 2024.

REQUISITOS:
  • Persoas matriculadas en estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo no curso 2023/24.
  • Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que obtivo praza de residencia e non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado, poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poida continuar no centro residencial malia repetir o mesmo curso ou retomar o abandonado.
  • Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha conduta gravemente prexudiciais para a convivencia.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo que:
  • Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.
  • E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
  • Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.
As solicitudes valoraranse conforme criterios socioeconómicos (composición e renda da unidade familiar, orfandade ou calquera outra situación familiar especial; número de habitantes do lugar de residencia da unidade familiar), e de rendemento académico.

REMUNERACIÓN / CUSTO:
Adxudicación de praza de residencia gratuíta cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 154/2022, do 22 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/23.

Adxudicación de praza bonificada cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
Ata un 10 %: 661,04 €.
Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.013,66 €.
Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €.
Máis do 30 %: 2.414,31 €
PÁXINA WEB:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
San Caetano,s/n. 15781 Santiago de Compostela 
Teléfono: 981 546 523
Publicación: DOG 06/06/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED306A


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...