19 de abr. de 2022

PLAN DE FORMACIÓN DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

A Xunta de Galicia pon en marcha o Plan de formación de Xuventude e Voluntariado. A iniciativa inclúe 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.

No caso concreto da área de xuventude, a ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, oratoria, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.

Clica na imaxe para coñecer a oferta de cursos




O prazo de inscrición para ambos apartados formativos ábrese o luns 11 de abril a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos. As inscricións faranse a través da plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org.

A selección das persoas participantes será por rigorosa orde de inscrición, sempre e cando se cumpran os requisitos. De igual xeito, unha mesma persoa pode apuntarse a máis dun curso se cumpre os requisitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...