21 de abr. de 2022

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23

 Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23.

Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño.

Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

Á proba que substitúe o requisito de titulación poderán presentarse as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 18 anos ou os fagan no ano 2022. 

As persoas inscritas deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición e, para a súa realización, deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática

As probas específicas de acceso desenvolveranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, rúa da Poza Cabalo, s/n, Vigo, e darán comezo o día 4 de xullo, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal encargado da súa realización e cualificación. 4. A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

As persoas inscritas deberán presentar para a realización da proba o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.


Máis información clicando na imaxe: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...