21 de abr. de 2022

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23.

O acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

Poderá acceder ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. As persoas aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión segundo o procedemento e o calendario establecido nesta resolución para as persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 23 de maio. 

As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o 23 de xuño.

Probas específicas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño

As probas específicas de acceso realizaranse o día 5 de xullo nas catro EASD de Galicia, de acordo co seguinte horario: 

a) Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas. 

b) Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas.

 – 1º exercicio: das 16.00 ás 18.00 horas. 

– 2º exercicio: das 18.00 ás 20.00 horas. 


EASD Pablo Picasso; rúa dos Pelamios, nº 2, A Coruña. 

EASD Mestre Mateo; rúa da Virxe da Cerca, nº 32, Santiago de Compostela. 

EASD Ramón Falcón; Paseo dos Estudantes, s/n, Lugo. 

EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, Ourense

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición. 

A proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño constará de dúas partes: 

Primeira parte: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, as persoas aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder a/as cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.

Segunda parte. As persoas aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas: 

– 1º exercicio: debuxo mimético á man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3. 

– 2º exercicio: debuxo á man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiados, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. 

Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

Proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

A esta proba poderanse presentar as persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou non superasen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e teñan 18 anos de idade ou que os fagan no ano 2022. 3

As persoas aspirantes deberán ter feito constar o seu desexo de realizar esta proba na inscrición, e para a súa realización deberán presentar, o día da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de solicitude de inscrición.

As persoas aspirantes deberán realizar un total de cinco exames no IES San Clemente, na rúa de San Clemente, s/n, Santiago de Compostela, o día 31 de maio de 2022, de acordo co seguinte horario: Ás 11.30 horas: presentación. Das 12.00 ás 13.00 horas: Filosofía. Das 13.00 ás 14.00 horas: Historia de España. Das 16.00 ás 17.00 horas: Lingua Galega e Literatura. Das 17.00 ás 18.00 horas: Lingua Castelá e Literatura. Das 18.30 ás 19.30 horas: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).


Máis información na imaxe



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso...